Galicia Saudable é un plan promovido polo goberno galego que quere axudarche a gozar dos beneficios dunha vida máis activa e saudable. Aquí atoparás información práctica sobre lugares, actividades e servizos para facer exercicio na túa contorna máis próxima. Tamén poderás realizar todas as consultas que consideres oportunas para mellorar a túa saúde a través do exercicio e o deporte. ¡Anímate e ponte en marcha! Forma parte dunha Galicia máis saudable.
Novas Destacadas
-
Feijóo avanza que a finais deste ano máis do 50 por cento da poboación estará "dentro do ámbito de actuación e comprometida co Plan Galicia Saudable" de loita contra o sedentarismo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a finais deste ano "máis do 50 por cento da poboación estará dentro do ámbito de actuación e comprometida co Plan Galicia Saudable". A estratexia do Goberno galego para combater o sedentarismo buscar dar este ano, dixo, "un salto cuantitativo e cualitativo" coa adhesión das grandes cidades e as comarcas…
-
Exercicio e alimentación sa, enimigos do cancro
Uns bos hábitos alimenticios, unido á práctica habitual de exercicio físico e ao mantemento dun índice de masa corporal adecuado, poderían reducir a incidencia global de tumores nun 40 por cento dos casos, especialmente de mama, colon e esófago.Así o asegurou a Sociedade Española de Oncoloxía Radioterápica, nun comunicado, no que sinala que aproximadamente un 35 por cento dos tumores…
-
O Plan Galicia Saudable suma 300 adhesións
O Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable suma xa 300 adhesións. Destas firmas, 221 correspondes a concellos, 3 deputacións, a Fegamp, as tres universidades galegas, cinco medios de comunicación, 12 empresas, 20 federacións deportivas e 35 entidades. O vindeiro martes 15 de maio terá lugar o acto oficial de presentación e firma do mesmo na Cidade…
Nube de Etiquetas
actividade física
adolescentes
alimentación
cancro
corazón
deporte
diabetes
educación
ejercicio
escola
estudo
evento
exercicio
exercicio físico
Galicia Saudable
hábitos de vida
hábitos saudables
igualdade
muller
nenos
nutrición
obesidade
Plan Galicia Saudable
plan gs
prevención
saúde
sedentarismo
sobrepeso
terapia
xunta



"Un proxecto pedagóxico de amplos percorridos cívicos e sociais polos que transitar para construír unha Galicia de futuros máis saudables e habitables"
"Para crear o hábito do exercicio saudable hai que superar integralmente diversas dificultades. Por iso podemos afirmar que este non é un problema tan só sanitario, aínda que o é, nin tan só educativo, que o é. Temos que recoñecer que fracasaremos se non traballamos, sincronizadamente, aspectos sociais, culturais, educativos e sanitarios"
"A saúde e o benestar son a esencia de todo. O todo determina como se comportan as partes, a arquitectura e o urbanismo non son unha excepción"
"A adopción xeneralizada de hábitos de vida saudable en exercicio físico é a pedra angular de todo programa de actividades preventivas e un dos principais determinantes de saúde da poboación a longo prazo"
"Móvete, a actividade física promove o benestar físico e psicolóxico"
"A grande oportunidade para vivir mellor"
"De corazón, actividade física todos os días"
"Os nenos son unha prioridade legal. Galicia Saudable debe facelos unha prioridade real"
"Non existen dietas nin medicinas milagrosas. A mellor arma na loita contra a obesidade son os hábitos de vida saudables. Educación, vocación e consenso son os tres grandes valores que todos os axentes implicados neste Plan debemos receitar á sociedade para ganarlle a guerra ao sobrepeso"
"Máis deporte, máis saúde"
"Galicia Saudable é un plan imprescindible nunha sociedade desenvolvida, con perspectivas de futuro e en forma"
"Traballando pola nutrición e a vida activa desde o ano 1984… e agora no século XXI, por Galicia Saudable"