I Carreira Popular do Corazón

por Galicia Saudable Martes, 02 Novembro 2010 14:16

Madrid acollerá a I Carreira Popular do Corazón que terá lugar o próximo 11 de decembro na Casa de Campo. Trátase dunha iniciativa da Fundación Española do Corazón (FEC).

O obxectivo é concienciar e sensibilizar aos participantes e á poboación sobre a importancia da prevención das enfermidades cardiovasculares, así como incentivalos a desenvolver hábitos de vida saudables, evitando os factores de risco cardiovascular máis comúns (hipertensión, obesidade, sedentarismo, tabaquismo, mala alimentación, etc.).

Podes inscribirche en http://www.carrerapopulardelcorazon.com/

Consulta os detalles en:http://www.fundaciondelcorazon.com/actualidad/eventos/details/221-1-carrera-popular-del-corazon.html