O Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable continúa a medrar e acadou as 345 adhesións desde a súa aprobación no Parlamento de Galicia o 27 de decembro de 2011. O obxectivo deste plan é reducir as enfermidades relacionadas co sedentarismo incorporando hábitos de vida saudables como a actividade física.
Destas adhesións, 237 corresponden a concellos galegos; 26 a federacións deportivas; 7 a medios de comunicación; 19 a empresas; e 47 a varias entidades. Ademais, tamén forman parte de Galicia Saudable as tres universidades galegas, dúas mancomunidades, tres deputacións e a Federación Galega de Municipios (Fegamp).
O acto de presentación da declaración "Galicia Saudable" celebrouse o pasado 15 de maio na Cidade da Cultura e estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Neste acto de sinatura da Declaración de Galicia Saudable o presidente da Xunta destacou "os compromisos de todos para unha mellora das condicións de todos, dos nosos mozos e dos nosos maiores" e salientou o desafío concreto de acadar que "a maioría dos galegos realicen cada día polo menos 30 minutos de actividade física moderada, de acordo coas recomendacións da OMS".
Solicitude de creación de UPES
Galicia Saudable conta con 237 concellos adheridos, dos cales 60 solicitaron a creación dunha Unidade de Promoción do Exercicio Saudable (UPES). Unha UPE é unha unidade de referencia para a promoción da actividade física que, independentemente da súa situación nos distintos ámbitos (local, universitaria, empresarial, etc), asisten aos cidadáns en materia de práctica regular e adecuada de exercicio físico saudable. Un dos seus fins é asesorar aos cidadáns na práctica de actividade física, así como facilitarlles a adquisición de hábitos saudables.
Galicia Saudable continúa a súa expansión e acada as 345 adhesións
por Galicia Saudable Mércores, 18 Xullo 2012 12:00Temas
Novas Destacadas
- V Encontro de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses
-
Galicia Saudable na rede
Galicia Saudable e Galicia Activa, protagonistas o pasado día 21 de maio, do programa "2014.gal Axenda Dixital, Galicia na Rede". …
- Programa "Activate, aconseja salud", do CSD
- GALICIA SAUDABLE, PRESENTE NA 20 EDICIÓN DO CONGRESO EUROPEO DE OBESIDADE (ECO 2013).
-
OMS: 10 datos sobre a Actividade Física
A Organización Mundial da Saúde publica 10 datos sobre os beneficios da práctica da actividade física que todos deberíamos coñecer.…




