Unha de cada 10 mortes que ocorren no mundo é causada por un estilo de vida sedentario, un impacto comparable coas mortes que se producen polo tabaco, segundo un artigo publicado na revista The Lancet, que avalía diferentes estudos sobre o impacto da inactividade física no mundo.
Deste modo, os investigadores calculan que o sedentarismo está causando unhas 5,3 millóns de mortes cada ano, e entenden que, pese a ser un factor de risco, as diferentes organizacións e Administracións públicas olvidárono nas campañas e medidas de prevención, sobre todo nos países de baixos e medianos ingresos.
A análise, que contou cun estudo realizado por 33 investigadores de varios centros, concluíu que o sedentarismo causa un gran número de enfermidades cardiovasculares, ademais de diabetes, cancro de colon e recto.
"En América Latina a inactividade física é causante do 7,1 por cento dos casos de enfermidade do corazón; 8,7 por cento dos casos de diabetes tipo 2; 12,5 por cento dos casos de cancro de mama e 12,6 por cento dos casos de cancro de colon e recto", din os investigadores en declaracións á BBC.
Para a doutora I-Min Lee do Hospital Brigham e de Mulleres da Escola Médica da Universidade de Harvard (Reino Unido), quen dirixiu o estudo, todos estes casos poderían potencialmente previrse se a poboación de cada país e cada rexión levara a cabo máis actividade física.
Segundo os científicos, é necesario "tomar con máis seriedade" a inactividade física e convertela nun asunto prioritario de saúde pública. Ademais, engaden, é necesario cambiar a mentalidade do público e facelo consciente dos perigos da inactividade física e non só recordarlle os beneficios de facer exercicio.
Os investigadores estiman que un 33 por cento de adultos e o 80 por cento dos adolescentes no mundo teñen un alto risco destas enfermidades debido a que non levan a cabo a cantidade recomendada de actividade física. E, neste sentido, recordan que en moitos países se recomenda que os adultos leven a cabo polo menos 150 minutos de exercicio moderado á semana.
Os investigadores encontraron que os países con poboacións menos activas son os de maiores ingresos. Concretamente, en América Latina e o Caribe, o estudo amosa que o estilo de vida sedentario é responsable do 11,4 por cento de todas as mortes.
Fonte: Europa Press
A inactividade física mata a tanta xente no mundo coma o tabaco
por Galicia Saudable Jueves, 19 de Julio de 2012 08:08Temas
Noticias Destacadas
- Programa "Camiña ao Gaiás"
-
Deporte e discapacidade e Galicia Saudable
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avogou onte por seguir a fomentar desde a Xunta a actividade deportiva…
-
Decálogo para pais sobre a actividade física dos seus fillos
A Asociación Española de Pediatría ven de publicar un decálogo para os pais e nais sobre a actividade física dos…
-
Os pediatras resaltan a importancia da actividade física
Durante o 62º Congreso da Asociación Española de Pediatría celebrado en Sevilla expertos en exercicio físico e nutrición puxeron de…
-
Xuño Activo na Eurocidade Tui-Valença
A Eurociudade Tui-Valença, en colaboración coa Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, a Unión Europea, Xunta de Galicia, o Plan…





