Finalidades

Conseguir unha sociedade máis saudable mediante o aumento da práctica regular da actividade física e a mellora da alimentación.

Previr enfermidades e patoloxías desencadeadas polo estilo de vida pouco activo e unha alimentación inadecuada.

Aumentar o coñecemento e a divulgación científica entre a sociedade galega sobre a importancia da actividade física e a súa relación coa autonomía persoal, a saúde e a calidade de vida.

Pór a deposición da cidadanía galega recursos, información e ferramentas que faciliten a práctica de actividade física.

Construír unha rede de institucións e organizacións promotoras de actividade física.