Os dereitos de propiedade intelectual do portal http://galiciasaudable.xunta.es, así como os dos elementos nel engadidos, é titularidade da Secretaría Xeral do Deporte da Xunta de Galicia, reservándose este departamento a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida no portal en calquera momento e sen necesidade de previo aviso.
O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade da
Secretaría Xeral do Deporte, dará lugar ao exercicio das accións que legalmente lle correspondan a esta Administración e, no seu caso, ás responsabilidades que dese dereito se puidesen derivar.
O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos.
A Secretaría Xeral do Deporte non se fai responsable dos danos e dos prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.
Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta páxina, así como que esta sexa empregada con fins comerciais ou de maneira inadecuada, atendendo á súa propia finalidade.
A/o usuaria/o non poderá acceder a este sitio web de xeito que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información nela ofrecida.
Tanto o acceso ao portal, como ao uso que poida facerse da información contida no mesmo, son da exclusiva responsabilidade da/o usuaria/o.
A Secretaría Xeral do Deporte non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas lles pertencen aos seus respectivos autores/as e propietarios/as e que, a petición de calquera deles/as, o enlace ou enlaces poden ser retirados de xeito inmediato.
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e no resto da normativa de aplicación.



