Artículos

Deporte e discapacidade e Galicia Saudable

por Galicia Saudable | 17 Junio 2013
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avogou onte por seguir a fomentar desde a Xunta a actividade deportiva entre as persoas con discapacidade. Así, reafirmou o compromiso do Goberno galego na clausura na Coruña da regata de vela adaptada da Fundación María José Jove.

A titular de Benestar destacou que un dos eixos principais do Plan de Acción Integral para Persoas con Discapacidade que puxo en marcha o departamento autonómico é a actividade deportiva. Neste senso, lembrou que entre as medidas postas en marcha resaltan a promoción e sensibilización da práctica deportiva entre este colectivo; a formación de técnicos e monitores no deporte adaptado; o fomento de actividades deportivas entre as entidades de iniciativa social; e o impulso á inclusión dos deportivas con discapacidade nas federacións de deporte.

Así mesmo, Mato fixo fincapé na elaboración por parte da Xunta do Plan para o fomento da actividade física ‘Galicia Saudable’, unha estratexia que contempla a discapacidade de maneira transversal e inclúe medidas de integración específicas para estas persoas.

Por último, a conselleira sinalou que o Plan de Acción Integral para Persoas con Discapacidade xa se executou nun 90 por cento coa posta en marcha dun total de 264 das 305 medidas que inclúe. “E imos seguir traballando en aras de mellorar a inclusión de todos os galegos en actividades deportivas e doutro ámbito e, en definitiva, de facer de Galicia unha comunidade máis integradora e madura”, concluíu.
A Asociación Española de Pediatría ven de publicar un decálogo para os pais e nais sobre a actividade física dos seus fillos. O Grupo de Actividade Física da Asociación Española de Pediatría, de acordo coas recomendacións institucionais e a evidencia
científica, fai constar neste documento que:
  • A inactividade física supón un risco importante para a saúde física e psíquica de calquera persoa.
  • A práctica regular de exercicio físico en nenos e adolescentes axuda na prevención e o tratamento da obesidade, enfermidades cardiovasculares, alteracións psicolóxicas, desmineralización ósea e algúns cancros. Para algunha destas enfermidades é o factor de protección modificable máis importante.
  • No neno e o adolescente, o exercicio físico e a práctica de deportes favorece un desenvolvemento global óptimo, a súa integración, o fomento de valores positivos e a adquisición de estilos de vida saudables.

No PDF axunto pódese descargar o díptico do Decálogo.

Durante o 62º Congreso da Asociación Española de Pediatría celebrado en Sevilla  expertos en exercicio físico e nutrición puxeron de manifesto a importancia que ten promocionar unha vida activa como factor clave de prevención do sobrepeso e a obesidade. Os pediatras resaltaron a necesidade de transmitir aos pais o fomento a actividade física entre os seus fillos e de que leven unha alimentación e hidratación adecuadas como as mellores ferramentas para previr a obesidade e outras enfermidades asociadas.

Entre as propostas suxeridas polos expertos  para contribuír a inverter as cifras actuais de obesidade infantil figuran o fomento da actividade física, a dosificación do uso das novas tecnoloxías, potenciar a Educación Física nos centros escolares e dotar ás cidades de infraestructuras seguras para a práctica de transporte activo.

A doutora Marcela González-Gross (membro do Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatología da Obesidad e a Nutrición - CIBERobn) sinalou que "actualmente, a totalidade da comunidade científica considera o exercicio físico como unha das ferramentas de saúde pública con maior potencial para previr o sobrepeso e a obesidad de nenos e novos. O importante é identificar cales son as rutinas dos nosos nenos que deben mellorarse para poder influír de forma positiva na loita contra a obesidade". Esta especialista recorda que "segundo os datos da última Enquisa Nacional de Saúde, publicada recientemente polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, un 27,8% da poboación infantil (de dous a 17 anos) padece obesidade ou sobrepeso".


Por outra banda, a Dra. Mercés Gil-Campos (pediatra do Hospital Reina Sofía de Córdoba) afirmou que "o aumento da obesidade infantil en España é proporcional ao incremento do sedentarismo de nenos e novos, motivado por aspectos como o aumento do lecer pasivo (videojuegos, internet, tv, etc.). Para combater estas cifras necesítase o esforzo de familias, docentes e persoal sanitario especializado, de forma que podamos realizar unha abordaxe multifactorial do problema.

Máis información:

Munideporte;  Expertos en pediatría resaltan a importancia da actividade física.
Web da Asociación Española de Pediatría : www.aeped.es

Xuño Activo na Eurocidade Tui-Valença

por Galicia Saudable | 06 Junio 2013
A Eurociudade Tui-Valença, en colaboración coa Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, a Unión Europea, Xunta de Galicia, o Plan Galicia Saudable e o Centro Deportivo Dei-Som Tui, organiza o programa de actividades "Eurocidade Tui-Valença: xuño activo/junho activo", dirixidas á poboación de ambos municipios fronterizos e enfocadas á actividade física e a saúde.

O amplo programa inclúe conferencias, actividades físicas e o proxecto piloto de Unidade de Promoción do Exercicio (UPE) que valorará a condición física da poboación da Eurocidade e prescribirá o exercicio físico recomendado para cada persoa.

A aula da UNED de Tui acolleu o martes 4 de xuño unha xornada formativa e informativa dirixida a profesionais da actividade física para darlles a coñecer o programa. Finalizou cunha charla coloquio con axentes promotores locais, a cargo de Manuel Giráldez, experto na valoración e prescripción de exercicio físico e colaborador do Plan Galicia Saudable.

Máis información no programa "Eurocidade Tui-Valença: xuño activo/junho activo" no PDF anexo

medios: http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/06/05/eurociudad-tui-valenca-realiza-actividades/822994.html

Sendeirismo no móbil

por Galicia Saudable | 06 Junio 2013

Colle as túas botas e a túa mochila, descárgate a aplicación "sendegal"  e descubre Galicia con outra mirada, incorporando ademais hábitos de vida activa e saudable a túa vida.

Turgalicia quere promover e potenciar a actividade do sendeirismo como unha maneira de achegarse aos nosos espazos naturais e  ao noso patrimonio etnográfico e monumental, como un complemento ao desenvolvemento do turismo sostible. Ademáis, a través desta actividades, incorporamos máis actividade física no noso día a día, utilizando os nosos ratos de ocio dunha forma máis activa e saudable.

Baixo o nome "sendegal" esta aplicación xa esta dispoñible gratuítamente nos teléfonos i-phone e android.

Toda a información relativa a esta aplicación móbil podese descargar dende a súa páxina web: http://www.turgalicia.es/sendeirismo-no-mobil-nas-tuas-mans

Cómete o Mar. Turismo activo e mariñeiro.

por Galicia Saudable | 29 Mayo 2013

“Apostar polo turismo mariñeiro é apostar polo desenvolvemento sostible, pois dáse satisfacción ás necesidades das xeracións presentes sen comprometer as posibilidades das futuras”. Así o afirmou hoxe a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na presentación de “Cómete o Mar”, a primeira oferta conxunta de gastronomía e turismo mariñeiro da costa galega.

Neste sentido, a titular de Medio Rural e Mar engadiu que esta iniciativa concorda cun dos piares da política da Consellería, que non é outro que promocionar, fomentar e poñer en valor a gran variedade de recursos relacionados coa pesca e co turismo en toda a nosa Comunidade. A conselleira apostou polo futuro das nosas zonas costeiras e amosouse a prol de que ese futuro veña acompañado de máis e mellor emprego. Por iso, advertiu, a Xunta traballa na dobre vía de dinamizar e diversificar as estruturas socioeconómicas das áreas ribeiráns, cunha achega de 4,6 millóns de euros a través dos GACs, e de alentar, por outra banda, a capacitación como fórmula de conseguir un emprego de calidade que permita que as estruturas tradicionais pervivan.

Rosa Quintana estivo acompañada neste acto pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e por representantes dos Grupos de Acción Costeira (GACs) que impulsan a iniciativa. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, resaltou durante a presentación desta iniciativa o traballo realizado polos Grupos de Acción Costeira, que crearon un programa completo que combina a gastronomía e a cultura mariñeira. Do mesmo xeito incidiu nas potencialidades do destino Galicia para o desenvolvemento e posta en valor do produto turístico mariñeiro, ao tempo que engadiu que “dende a Administración Turística autonómica apoiamos e incentivamos todas as tipoloxías de turismo nas que o mar actúe como recurso e reclamo fundamental, tendo sempre en conta que estas actividades turísticas se desenvolvan atendendo a criterios de sostenibilidade”.

Nava Castro explicou ademais que o Turismo Mariñeiro é un dos produtos singulares de Galicia como destino. “A través das experiencias que se ofrecen e que relacionan a práctica do turismo coas actividades propias da vida mariñeira, os turistas poden facerse ao mar e experimentar en Galicia vivencias que non se poden vivir en ningún outro destino”.



Máis información:

Consellería do Medio Rural e do Mar: www.xunta.es
Grupos de acción costeira: http://www.accioncosteira.es/
Desde onte pola tarde, As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo,é unha das reservas mundiais da biosfera. O recoñecemento non só destaca os elementos naturais, senón tamén, con idéntico nivel de prioridade, o desenvolvemento das formas de explotación sostenible dos recursos. As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo comprenden 114.000 hectáreas, algo máis dun 14 % da provincia de A Coruña. Repártense entre os concellos de Aranga, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dous Ríos, Paderne, Sada e Sobrado.

A cualificación de reserva permitirá ao territorio optar a novas vías de financiamento específicas, así como potenciar o turismo activo e unha marca propia para produtos autóctonos.

A iniciativa das reservas da biosfera, lugares recoñecidos pola experimentación de prácticas innovadoras para conciliar a actividade humana e a conservación do medio ambiente, arrincou a principios da década dos setenta co programa "O home e a biosfera", para fomentar as investigacións interdisciplinarias coas que reducir a perda da biodiversidade e tratar os seus aspectos ecolóxicos, sociais e económicos.

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/05/28/marinas-corunesas-terras-do-mandeo-reserva-biosfera/00031369745872612556390.htm

Máis información:
UNESCO: http://www.unesco.org/new/es/natural-sciences/environment/ecological-sciences/man-and-biosphere-programme/
Turgaliciahttp://www.turgalicia.es/reservas-da-biosfera;

V Encontro de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses

por Galicia Saudable | 23 Mayo 2013

Máis de cincocentros alumnos de 12 centros educativos galegos e portugueses gozarán dunha xornada de xogos tradicionais no Centro de Estágios de Melgaço o vindeiro venres 24 de Maio. Trátase do V Encontro de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses que a Asociación Ponte...nas ondas! organiza anualmente para transmitir ás novas xeracións  o conxunto das expresións do patrimonio lúdico.

Nesta ocasión contase coa colaboración da Câmara Municipal de Melgaço, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Os obxectivos deste encontro son:

·       Pór en contacto alumnos e alumnas de centros educativos galegos e portugueses.

·       Que os rapaces e rapazas tomen contacto coa cultura tradicional a través dos xogos populares.


O alumnado participante terá a oportunidade de realizar prácticas de xogos tradicionais e ao mesmo tempo convivir e conversar sobre os brinquedos e o lecer. Desta forma coñecerán as regras e as fórmulas para os diferentes xogos, tanto na variante galega como portuguesa. Comprobarán como a maior parte dos xogos son semellantes aínda que en cada zona teñan denominacións diferentes.( peón-trompo-peão,zancos-andas,aros-pneus,chapas-caricas,bolas-berlindas,mariquitiña-macaca, etc.)

Organización da Xornada

·       Recepción dos participantes no Centro de Estágios de Melgaço. 9 hs.

·       Adxudicación de grupos e monitores

·       Comezo da sesión de xogos.

·       Pausa para o almorzo.  12.00 hs. Palabras de benvida a cargo do Presidente da Câmara e de representantes da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e da Secretaría Xeral para o Deporte.

·       Continuación dos xogos.

·       Fin da actividade e xantar para os grupos que queden para a tarde.

·       Visita á vila de Melgaço e aos seus museos.

V Encontro de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses

por Galicia Saudable | 23 Mayo 2013

Máis de cincocentros alumnos de 12 centros educativos galegos e portugueses gozarán dunha xornada de xogos tradicionais no Centro de Estágios de Melgaço o vindeiro venres 24 de Maio. Trátase do V Encontro de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses que a Asociación Ponte...nas ondas! organiza anualmente para transmitir ás novas xeracións  o conxunto das expresións do patrimonio lúdico.

Nesta ocasión contase coa colaboración da Câmara Municipal de Melgaço, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Os obxectivos deste encontro son:

·       Pór en contacto alumnos e alumnas de centros educativos galegos e portugueses.

·       Que os rapaces e rapazas tomen contacto coa cultura tradicional a través dos xogos populares.


O alumnado participante terá a oportunidade de realizar prácticas de xogos tradicionais e ao mesmo tempo convivir e conversar sobre os brinquedos e o lecer. Desta forma coñecerán as regras e as fórmulas para os diferentes xogos, tanto na variante galega como portuguesa. Comprobarán como a maior parte dos xogos son semellantes aínda que en cada zona teñan denominacións diferentes.( peón-trompo-peão,zancos-andas,aros-pneus,chapas-caricas,bolas-berlindas,mariquitiña-macaca, etc. )

Organización da Xornada

·       Recepción dos participantes no Centro de Estágios de Melgaço. 9 hs.

·       Adxudicación de grupos e monitores

·       Comezo da sesión de xogos.

·       Pausa para o almorzo.  12.00 hs. Palabras de benvida a cargo do Presidente da Câmara e de representantes da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e da Secretaría Xeral para o Deporte.

·       Continuación dos xogos.

·       Fin da actividade e xantar para os grupos que queden para a tarde.

·       Visita á vila de Melgaço e aos seus museos.

Galicia Saudable na rede

por Galicia Saudable | 23 Mayo 2013
Galicia Saudable e Galicia Activa, protagonistas o pasado día 21 de maio, do programa "2014.gal Axenda Dixital, Galicia na Rede".  Preme no enlace para ver o vídeo completo.
"2014.gal Axenda Dixital, Galicia na Rede- GALICIA SAUDABLE"
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>
Página 1 de 37