O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou o martes as novas oportunidades que ofrece o financiamento europeo no ámbito deportivo e animou a todos os axentes públicos e privados implicados no desenvolvemento da actividade física e o deporte en Galicia a aproveitar esta vía para o crecemento e fortalecemento do sector. 

Lete Lasa realizou estas manifestacións na inauguración da I Xornada sobre financiamento europeo para proxectos de fomento da actividade física e do deporte, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, a Fundación Galicia Europa e a Escola Galega de Administración Pública. 

Na súa intervención, Lete Lasa subliñou a importancia da posta en marcha do primeiro programa específico de financiamento do deporte incluído no novo programa da UE de educación, formación, xuventude e deporte 2014-2020. 

Concretamente, baixo o programa Erasmus+ recóllese unha liña orzamentaria específica á que se destinan arredor de 265 millóns de euros en sete anos (2014-2020), prestando apoio, entre outros puntos, a proxectos transnacionais nos que participen organizacións de deporte de base, ou promovendo, por exemplo, o bo goberno, a inclusión social, as carreiras duais e a actividade física para todos. 

Segundo datos do Eurobarómetro da Comisión Europea publicado o pasado 24 de marzo, España sitúase nun punto intermedio en canto á actividade deportiva, cun 44% de persoas que nunca practican deporte, fronte ao 9% dos suecos ou o 14% dos daneses e, noutro extremo, fronte ao 78% dos búlgaros e o 60% dos italianos. 

O secretario xeral subliñou o interese das autoridades europeas en "estender a práctica da actividade física como ferramenta clave na saúde e o benestar dos cidadáns". Con este mesmo obxectivo, lembrou que a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, está a desenvolver o Plan Galicia Saudable "que comeza a dar os seus froitos e no que é fundamental o traballo coordinado e constante entre os axentes públicos e privados".

Xornadas da EGAP
A xornada celebrada na EGAP pretendeu informar ao sector deportivo sobre as diferentes posibilidades de financiamento europeo para actuacións no ámbito da actividade física e o deporte e potenciar a creación de redes de traballo no desenvolvemento de proxectos. 

Está dirixida principalmente aos promotores públicos e privados de actuacións de fomento da actividade física e do deporte en Galicia, como os concellos, os centros educativos, as federacións, os clubs e os xestores deportivos, así como os investigadores e o público en xeral, e nela inscribíronse 250 persoas. 
Publicado en Novas
O Concello do Grove lanza un novo plan de acción dirixido á poboación en xeral. Esta vez trátase dun proxecto de dinamización da actividade física "co que queremos ganar en saúde e calidade de vida", explica o concelleiro de Deportes, Alfredo Bea García, impulsor desta iniciativa. 

Este departamento deseñou "un ambicioso plan de traballo" que inclúe recomendacións de todo tipo para practicar exercicio físico, pero tamén medidas de control de cada un dos participantes. É, a grandes trazos, unha especie de táboa de exercicios personalizada, para que os cidadáns que decidan participar poidan poñerse en forma ou, simplemente, manterse en boas condicións físicas. 

Este proxecto de dinamización márcase como obxectivos situar o Concello "como referente da promoción do exercicio en Galicia, mellorar a calidade e cantidade de actividade física que fan os cidadáns de forma espontánea, xerar efectos positivos na saúde pública e aumentar o número de veciños que fan deporte con regularidade". 

Pero iso non é todo, xa que tamén se pretende "retrasar o maior tempo posible a dependencia física das persoas a través do exercicio e atender a demanda da poboación en canto a melloras para facilitar a actividade física no noso Concello, independentemente da idade dos usuarios". 

Para conseguir todo isto, a concellería de Deportes pretende que o técnico municipal deste departamento sexa o encargado de "propoñer, aconsellar, guiar e corrixir a actividade física que practican os nosos veciños, así como intentar animar a outros moitos para lograr unha vida máis saudable a través do deporte". 

Preténdese, en síntese, demostrar que calquera pode manterse en forma e que non é necesario ser novos ou formar parte dun club determinado de calquera disciplina deportiva. 

O que se busca é que os grovenses fagan exercicio, xa sexa paseando, acudindo aos parques biosaudables, recorrendo ruta de sendeirismo, visitando o Parque Forestal da Toxa ou de calquera outro modo. Pero quérese, tamén, que cando realizan esas actividades sexan conscientes de cal é o modo de sacarlle o máximo rendemento, e é aí onde aparece a figura do técnico municipal de Deportes. 

O traballo cos participantes vai a desenvolverse, unha vez máis, a través da Unidade de Promoción do Exercicio (UPE) da que dispón O Grove e ao amparo do proxecto autonómico Galicia Saudable, no que este municipio é xa unha referencia. 

No Concello explican que "a UPE é o mellor medio de que dispoñemos para desenvolver este proxecto, polo que imos a animar aos veciños para que acudan a facerse unha avaliación inicial da súa condición física". Con eses datos na man "proporáselles un programa de actividade física personalizado, dependendo dos obxectivos que persiga cada un dos participantes".

Asemade, tanto o programa personalizado de exercicios como a evolución de cada asistente serán avaliados en controis posteriores. 

A modo de exemplo, o Concello pretende levar a cabo un modelo do programa de actividade física deseñado para o mes de abril. O primeiro día establécese unha andaina suave, durante 5 minutos, a modo de quecemento, para a continuación realizar o traballo principal camiñando a ritmo medio 40 minutos, xunto con traballo de forza e outros exercicios no parque biosaudable, durante 15 minutos máis. A isto súmase o regreso ao punto de partida. 

Para o segundo día esta táboa determina un quecemento a base de mobilidade articular antes de saír da casa, seguido de 10 minutos de andaina suave, 20 a ritmo medio, outros 20 minutos a ritmo medio-alto e, para finalizar, 10 minutos de paseo de novo suave.

Nova completa: Faro de Vigo
Publicado en Novas
Técnicos de concellos adheridos ao Plan Galicia Saudable estanse formando na Plataforma GaliciActiva. A Secretaría Xeral para o Deporte está a levar a cabo hoxe venres 27 de abril, e o próximo 4 de maio, un curso presencial na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, para formalos no manexo interno da Plataforma GaliciActiva.

O curso "GaliciActiva. Manexo da plataforma de xestores" busca preparar e familiarizar aos técnicos das Unidades de Promoción do Exercicio (UPE) e dos concellos adheridos ao Plan co manexo, subida e modificacións das fichas de instalacións, recursos e actividades da Plataforma GaliciActiva.

O novo xestor do  buscador de recursos é un proxecto do Plan Galicia Saudable que ten como obxectivo facilitar unha ampla variedade de espazos para promover os hábitos saudables. Os usuarios atoparán nesta aplicación mapas de divulgación e consulta dos recursos e actividades relacionados co deporte na comunidade galega, de tal maneira que o cidadán, dunha maneira rápida e sinxela, poida acceder a toda a información relevante para poder levar unha vida saudable a través da práctica deportiva.

GaliciActiva é unha ferramenta 2.0 creada como medio de divulgación de espazos e actividades nada coa fin de crear un censo vivo e en tempo real xestionado, mediante unha clave de acceso, polos propios promotores.
Publicado en Novas
O Concello de Bueu formalizou a súa adhesión ao Plan Galicia Saudable, auspiciado desde a Xunta de Galicia co obxectivo prioritario de impulsar os hábitos de vida saudables, especialmente a través da práctica da actividade física e do seguimento dun estilo de vida activo.

Faro de Vigo
Publicado en GS nos Medios
O Concello de Vila de Cruces disporá nos próximos meses dunha Unidade de Promoción de Exercicio (UPE), un punto de información que atenderá un técnico. Será o encargado de asesorar e recomendar aos veciños e turistas as actividades deportivas e de lecer que se realicen cada día.

Nova completa: Faro de Vigo

Publicado en GS nos Medios
José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, asegura que "temos que incorporar a actividade física á nosa dieta" e que a clave non está só no peso "senón tamén na actividade física". Neste sentido, afirma que "a actividade física é promotora de saúde".
Aquí vos deixamos a entrevista a José Ramón Lete Lasa no programa 9 Acción de Popular TV Galicia, medio de comunicación adherido ao Plan Galicia Saudable

Entrevista 9 Acción Popular TV

Publicado en GS nos Medios

O IV Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Pontevedra, que se celebrará do 10 ao 12 de maio en Pontevedra, dedica un capítulo ao Plan Galicia Saudable. Esta nova edición coincide ademais co VIII Seminario Nacional de Nutrición, Medicina e Rendemento.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, será o encargado de abrir as conferencias o xoves 10 de maio. Na súa intervención “O exercicio físico saudable. Plan Galicia Saudable”, exporá os principais aspectos deste proxecto –que xa conta con máis de 100 concellos adheridos- e as liñas de acción da Administración para combater os alarmantes efectos do sedentarismo na saúde.

Este congreso está organizado academicamente polo Vicerrectorado do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e o Departamento de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña. Ademais, conta coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e o Colexio Oficial de Licenciados en Ciencias da Actividade Física e Deporte de Galicia, entre outras institucións.

O congreso ten como obxectivo reunir a máis de 400 profesionais das Ciencias do Deporte e a Educación Física procedentes de todos os recunchos do mundo, favorecendo a difusión dos coñecementos científicos e técnicos relativos ao ámbito deportivo. Tamén se analizarán as distintas liñas de investigación que se están desenvolvemento entre os distintos grupos de investigación de numerosas universidades nacionais e internacionais. Promoveranse as relacións e futuros intercambios entre profesionais de distintos ámbitos do deporte, instaurando vínculos duradeiros que poidan dar lugar a significativos avances en cada unha das distintas áreas contempladas no congreso.

Ademais, realizaranse diferentes cursos de especialización.

Cursos a impartir o xoves 10 de maio:
- Bases teóricas do desenvolvemento e aprendizaxe motor en nenos.
- Rehabilitación cardíaca. Prescrición do exercicio físico na enfermidade cardiovascular.
- Bases do adestramento da resistencia en nenos e mozos deportistas.
- Actividades recreativas e xogos no ámbito educativo.
- Introdución ao socorrismo acuático e á seguridade nos deportes náuticos. Técnicas básicas e moto de rescate.
- A xestión integral de centros acuáticos e wellness.
- Bases da prevención de lesións.

Cursos de especialización do venres 11 de maio:
- Bases da prevención de lesións e accidentes na práctica deportiva.
- Nova proposta para a Aula de Educación física. La Tripela.
- Bases e fundamentos do adestramento da velocidade.
- Innovación e actualización en primeiros auxilios no ámbito do deporte e a saúde.
- Preparación de dieta para deportistas. Bases dunha correcta nutrición.
- O traballo motor en nenos de 3 a 7 anos. Aspectos metodolóxicos e didácticos.

Máis información en: www.congresodeporte.com e www.sportis.es, ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Publicado en Novas
Despois das reunións informativas que mantivo o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, cos alcaldes, concelleiros e técnicos dos municipios galegos, o Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable xa supera as cen adhesións. Un dos principais obxectivos do Plan Galicia Saudable, aprobado no Parlamento de Galicia o pasado 27 de decembro, é crear as condicións necesarias para que a poboación galega goce dunha vida máis activa, que permita conservar a saúde e a autonomía persoal, gozar de maior benestar e calidade de vida, e previr e reducir a presenza de enfermidades relacionadas co sedentarismo, desde a infancia ata a vellez.

Ata o momento adheríronse 111 concellos, catro medios de comunicación, dúas entidades deportiva e dúas empresas.

Animámosvos a seguir enviando as vosas adhesións e formar parte de Galicia Saudable.
Publicado en Novas
José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, asegura que "temos que incorporar a actividade física á nosa dieta" e que a clave non está só no peso "senón tamén na actividade física". Neste sentido, afirma que "a actividade física é promotora de saúde".

Un obxectivo prioritario do Plan Galicia Saudable é crear as condicións necesarias para que a poboación galega goce dunha vida máis activa, que permita conservar a saúde e a autonomía persoal, gozar de maior benestar e calidade de vida, e previr e reducir a presenza de enfermidades relacionadas co sedentarismo, desde a infancia ata a vellez.

O secretario xeral para o Deporte tamén fala nesta entrevista sobre a Lei do Deporte en Galicia, aprobada recentemente no Parlamento galego.

Popular TV é un dos medios de comunicación galegos adheridos ao Plan Galicia Saudable
Publicado en Novas
Entrevista ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, en relación ao Plan Galicia Saudable no programa "Bos días" da Televisión de Galicia: http://www.crtvg.es/informativos/xose-ramon-lete-compre-un-cambio-de-cultura-coa-actividade-fisica-281260#.T3ldRNncw8Z
Publicado en Novas
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
Páxina 1 de 4