O exercico físico reduce o risco de cancro e enfermidade mental
Segundo un artigo publicado na revista International Journal of Clinical Practice, practicar exercicio físico regularmente pode reducir o risco de desenvolver algún tipo de cancro ou enfermidade mental.
Neste artigo destácase a importancia dos beneficios para a saúde achegados pola actividade física e recoméndase aos adultos realizar un mínimo de 150 minutos semanais.
Ejercico físico para pacientes de cancro
No Complexo Deportivo Municipal de San Diego ponse en marcha un programa de exercicio para os enfermos de cancro.
A xunta da Coruña da Asociación Española contra o Cancro (AECC) pon en marcha un programa de exercicio físico destinado a pacientes oncolóxicos no o polideportivo San Diego.
A práctica de exercicio físico moderado e de forma regular é beneficioso para estes pacientes e axuda ao seu tratamento e recuperación.
Poden gozar desta iniciativa todos os pacientes oncolóxicos, en tratamento ou recuperación, sen contraindicación médica.Tras unha evalucación física e psicolóxica a cada persoa prescríbeselle o exercicio físico máis adecuado, mesmo existiéndo a posibilidade de realizar un programa domiciliario con asesoramento e seguimento profesional. O obxectivo é manter un control personalizado de cada paciente, xa que o tipo de tumor condiciona a clase de exercicio físico que pode practicar.
A práctica de exercicio regular é un hábito saudable, que axuda a ter unha mellor forma física, que ademais, de axudar á recuperación axuda a previr algúns tipos de cancro desde un primeiro momento.
Para máis información Asociación Española contra o Cáner da Coruña, Praza Mestre Mateo, 2, 2º. Tlf 981142740
O exercicio con pesas tras o cancro de mama non causa linfedema
Unha investigación recente suxire que o traballo con pesas tras sufrir un cancer de mana non produce linfedema mesmo podería previlo, aínda que se requiren máis estudos. Xa estudos anteriores sinalan que o exercicio estabiliza os síntomas das mulleres que padecen linferdema.
Fonte: http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/news/fullstory_106489.html
Exercicio físico contra os efectos do cancro da mama
Cada vez son máis numerosos os estudos de carácter científico que relacionan a práctica habitual de actividade física cun mellor prognóstico do cancro de mama. A Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte-INEF da Universidade Politécnica de Madrid, coa colaboración de membros de ASCAMMA (Asociación de Cancro de Mama de Madrid), puxo en marcha un estudo sobre exercicio físico e saúde cuxo obxectivo é analizar os beneficios da práctica deportiva para combater os efectos do cancro de mama.



