Coidar o corazón no traballo
Convencer tanto a empresarios como a empregados da necesidade de converter os lugares de traballo en espazos cardiosaudables. Ese é o obxectivo do Día Mundial do Corazón 2010, unha iniciativa que, desde hai 10 anos, promove a prevención cardiovascular a través de distintas estratexias.
Impulsada pola Federación Mundial do Corazón, esta xornada pretende facer un chamamento a patronais, sindicatos e traballadores para que "asuman as súas responsabilidades" e adopten programas que permitan construír contornas laborais máis beneficiosos para a súa saúde.
Fontehttp://www.elmundo.es/elmundosalud/2010/09/24/corazon/1285354662.html.
Feijóo compromete a importancia do “Plan Galicia Saudable”
A Coruña, 26 de outubro de 2010.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe a importancia do Plan Galicia Saudable como unha iniciativa “integral –para todos-, e transversal –que conte con todos-“, capaz de configurarse “como unha ferramenta interactiva que informe aos cidadáns sobre todos os servizos e infraestruturas que teñen á súa disposición para poder practicar actividades físicas e deportivas”.
Así, durante a súa intervención no marco do Congreso Internacional da AISEP 2010: Os profesionais da educación física na promoción dun estilo de vida activo, o titular do Goberno autonómico lembrou a importancia dun Plan que “desde a educación, o transporte, o urbanismo, o turismo ou o deporte” chegue a “pais, fillos e avós”, promovendo “un estilo de vida activa entre os cidadáns que permita superar problemas como o sedentarismo e a obesidade”.
Fonte: http://www.xunta.es/notas-de-prensa?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar8334.html
I Carreira Popular do Corazón
Madrid acollerá a I Carreira Popular do Corazón que terá lugar o próximo 11 de decembro na Casa de Campo. Trátase dunha iniciativa da Fundación Española do Corazón (FEC).
O obxectivo é concienciar e sensibilizar aos participantes e á poboación sobre a importancia da prevención das enfermidades cardiovasculares, así como incentivalos a desenvolver hábitos de vida saudables, evitando os factores de risco cardiovascular máis comúns (hipertensión, obesidade, sedentarismo, tabaquismo, mala alimentación, etc.).
Podes inscribirche en http://www.carrerapopulardelcorazon.com/
Consulta os detalles en:http://www.fundaciondelcorazon.com/actualidad/eventos/details/221-1-carrera-popular-del-corazon.html
Congreso sobre estilos de vida saudables
Noia acolle este fin de semana o terceiro congreso de Educación para a Saúde, cuxa realización está encadrada no proxecto de promoción de estilos de vida saudables do Concello de Noia.
Os relatorios comezarán o sábado ao seis da tarde da man de Laura Pallarés que falará de Xeografía humana e saúde.
Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/11/11/0003_8841005.htm?ok=0#



