O Ministerio de Sanidade e o INE realizaron a Enquisa Nacional de Saúde 2011-2012. Os datos conclúen que o 54% dos españois de máis de 18 anos e o 30% dos menores padecen exceso de peso. Munideporte ofrécelle o documento.

Segundo lainformación solicitada, a obesidade pasou de afectar ao 7,4% da poboación en 1987 ao 17% nesta edición. En canto ao sobrepeso, afecta xa ao 37% da poboación maior de 18 anos. En conxunto, o 54% da poboación española adulta presenta exceso de peso. En nenos, os datos non son máis alentadores. Un de cada dez presenta obesidade e dous de cada dez, sobrepeso, con porcentaxes similares en ambos os dous sexos. O ascenso foi máis marcado en homes que en mulleres.



Sobre as causas destes elevados índices, a secretaria xeral de Sanidade e Consumo, Piar Farjas, foi tallante ao afirmar que se debe ao sedentarismo máis que a un problema coa dieta. A enquisa mide que o 14,4% dos homes e o 17% das mulleres non realiza ningunha actividade física, e que outro 36,3% entre os homes e 50,6% só o fan de xeito "lixeiro".



Máis información sobre a noticia: http://www.munideporte.com/seccion/Actualidad/15077/El-54-de-los-espanoles-mayores-de-18-anos-tiene-sobrepeso-u-obesidad.html
Publicado en Novas
As bebés con sobrepeso están en maior risco de enfermidade cardiovascular e diabetes en idade adulta, segundo un estudo recente. Os investigadores observaron a máis de mil rapazas de 17 anos en Australia, ás que lles fixeron un seguimento desde o nacemento. A meta era examinar se o peso ao nacer e a distribución da graxa corporal a inicios da nenez se asociaban con factores de risco de saúde futuros como obesidade, resistencia á insulina e hipertensión.

O estudo revela que as adolescentes cunha cintura máis grande, maiores niveis de insulina e triglicéridos (un tipo de graxa que se atopa no sangue) e niveis máis baixos de colesterol "bo" HDL foran máis gordas desde o nacemento que outras rapazas.

O peso ao nacer e a distribución da graxa corporal non pareceron ter impacto sobre estes factores de risco nos nenos, anotaron os autores. O estudo aparece na edición de xuño do Journal of Clinical Endocrinology & Metabolism.

Nova completa: http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/news/fullstory_123581.html

Publicado en Novas
FELIPE CASANUEVA

Segundo o último informe de Nacións Unidas sobre a alimentación, arredor de 1.300 millóns de persoas padecen obesidade en todo o mundo. As cifras equiparan a importancia dos malos hábitos alimentarios co da fame, o que dá unha idea moi clara das proporcións que está adquirindo a enfermidade.

Dos 64 millóns de persoas que morrerán en 2015, a causa do falecemento de 41 millóns será debida a enfermidades crónicas, segundo as estimacións da Organización Mundial da Saúde (OMS). Entre elas, destacas patoloxías asociadas á obesidade, como a diabetes, a hipertensión, as enfermidades cardiovasculares ou o síndrome metabólico, que acapararán ademais o 80% do gasto sanitario nos próximos dez anos.

Os últimos estudos sitúan a España entre os primeiros postos da obesidade mundial con oito millóns de afectados. As cifras son especialmente preocupantes nos nenos, que superan incluso as porcentaxes de Estados Unidos. Hai que ter en conta que o sobrepeso condicionará o resto da súa vida adulta e será con maior probabilidade o causante das diversas enfermidades que reducirán a calidade da mesma, co conseguinte gasto para os sistemas públicos de saúde.

Promover hábitos de vida saudables, como o deporte e unha alimentación adecuada á actividade física diaria, son o principal mecanismo de prevención co que contamos na actualidade, pero está resultando a todas luces insuficientes, como o demostra o feito de que as cifras sigan aumentando cada ano a pesar dos esforzos dos Gobernos e organizacións supranacionais.

A obesidade é consecuencia de diversas interaccións entre factores xenéticos e ambientais, o que constitúe un problema multifactorial. O Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatoloxía da Obesidade e a Nutrición (CIBERobn) realizou algúns avances importantes neste campo, sobre todo na identificación e o estudio da graxa parda, o tecido adiposo con capacidade para xerar calor no organismo, coñecida por iso como graxa boa ou adelgazante.

Publicado en Novas
www.que.es

Non só o alcohol e a predisposición xenética danan o fígado e o colon. O exceso de peso tamén os devora, ata o punto de favorecer a aparición de cancros en ambos órganos, segundo alerta a investigadora californiana Shelley C. Lu, directora adxunta do Centro de Investigación de Enfermidades Hepáticas da Universidade do Sur de California. "A obesidade é tan perxudicial para o fígado e o colon como o alcohol".

"Moi pronto, o factor de risco máis importante para o cancro de fígado non vai ser xa o alcoholismo nin os virus da hepatite, senón a obesidade, que é xa unha das causas máis comúns dos trasplantes de fígado", relatou a investigadora estadounidense.

Os cancros de colon e de fígado figuran entre os tres máis comúns do mundo, xunto cos de pulmón. O peor de todo é a tendencia. Un tercio da poboación de Estados Unidos -e Europa segue un patrón moi parecido- ten problemas de sobrepeso e obesidade, o que significa que viven con fígados demasiado graxos para o benestar da súa saúde. A investigadora chamou a atención sobre a situación da infancia, que cada vez está peor alimentada e realiza menos exercicio.

En España, a obesidad afecta ao 13,9% da poboación infantil e o sobrepeso a outro 12,4%. "Algúns nenos comenzan a ter xa signos de cirrose hepática e de fibrosis, que é un estadío anterior", advertiu a investigadora. A cantidade de enfermidades ligadas ao exceso de peso é tal que Shelly Lu non dubidou en calificar a obesidade como "o asasino número un". Infartos, derrames cerebrais, cardiopatías, cancros...

As súas investigacións céntranse no coñecemento dun metabolito -unha molécula que aparece como consecuencia do normal funcionamento do corpo humano- chamado SAMe. Sábese que protexe contra o cancro de fígado e tamén parece ter un efecto protector sobre o de colon.

Fonte: http://www.hoy.es/v/20120323/sociedad/obesidad-perjudicial-para-higado-20120323.html
Publicado en Novas
Venres, 23 Marzo 2012 10:21

A contaminación engorda

www.elpais.com

A contaminación non só está asociada a un maior risco de sufrir infartos, problemas respiratorios ou desenvolver tumores. Determinados compostos químicos sintéticos moi presentes no medio ambiente e a vida cotiá (asociados a pesticidas e insecticidas, pero tamén a perfumes, plásticos ou cosméticos) predispón á obesidade, segundo un número crecente de estudos. Así o puxo de manifesto recentemente o Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatoloxía da Obesidade e a Nutrición (CIBERobn), que agrupa a 24 grupos españois de investigación líderes en obesidade.

Algúns destes contaminantes ambientais son substancias que se fan pasar por hormonas (actúan como disruptores endocrinos, segundo a xerga científica), confunden ao organismo e desatan desarreglos metabólicos que modifican os procesos de acumulación de graxa no corpo.

Mentres o interese estaba centrado na relación entre a contaminación (principalmente a atmosférica) e as principais causas de mortalidade nas sociedades desenvolvidas (os procesos oncolóxicos e cardiovasculares), apenas se prestou atención á vinculación de outros tóxicos co sobrepeso. Pero a obesidade é xa unha epidemia, como destaca Javier Salvador, investigador do CIBERobn: "Pasamos dun 12% de prevalencia en España a entre o 23% e o 28%". E o estudo das causas do sobrepeso "está cada vez máis de moda", afirma Salvador, que tamén é presidente da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición. Por iso, o foco estase abrindo para entender cal é o papel destes axentes contaminantes de uso común tanto neste problema como na diabetes tipo 2.

Nova completa: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/03/19/actualidad/1332182782_351238.html

Publicado en Novas
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo hoxe unha xuntanza con alcaldes e representantes municipais da área de Santiago para presentarlles o Plan Galicia Saudable, unha acción encamiñada a gañar apoios á Declaración de Galicia Saudable que promove o Goberno galego e que se presentará publicamente o vindeiro mes de abril. No encontro, Lete Lasa fixo un chamamento aos responsables locais para adherirse ao dito Plan e, deste xeito, contribuír ao obxectivo de lograr un país máis activo e san.

Esta xuntanza enmárcase dentro dunha serie de encontros que o secretario xeral para o Deporte está mantendo con distintos dirixentes locais. Como xa ocorrera para as áreas da Coruña, Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol, José Ramón Lete Lasa reuniu hoxe en Santiago a alcaldes, concelleiros e técnicos municipais para darlles a coñecer o Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable, aos que informou do contido e da transcendencia do mesmo e resaltou a importancia da adhesión dos municipios aos seus obxectivos a través da Declaración de Galicia Saudable. Segundo explicou Lete Lasa, o fin último do proxecto é estender a práctica deportiva entre a poboación galega e concienciar á sociedade dos seus beneficios para a saúde.

Neste caso, xunto ao secretario xeral para o Deporte, participaron representantes dos concellos de Boimorto, A Baña, Ames, Boiro, Boqueixón, Cerceda, Dodro, Frades, Lousame, Melide, Mesía, Negreira, Noia, O Pino, Ordes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago, Santiso, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Santa Comba.

Ademais da importancia e dos obxectivos do Plan, o secretario xeral para o Deporte, explicoulles aos representantes municipais o estado actual do mesmo e as fórmulas previstas para a participación dos concellos e agrupacións municipais de Galicia, que se fará a través da Rede Galega de Unidades de Promoción do Exercicio Saudable. Segundo dixo, o obxectivo da Xunta é artellar un proceso o máis transversal e completo posible, polo que salientou o interese de implicar a todos os concelleiros e técnicos dos diversos departamentos municipais relacionados co eido de actuación do Plan Galicia Saudable: deportes, educación, sanidade, transportes, urbanismo, turismo, medio ambiente, servizos sociais, etc.

O Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable é a resposta unitaria do Goberno galego para loitar contra o sedentarismo e as enfermidades asociadas ao mesmo, a través dunha aposta por promover cambios no estilo de vida da sociedade galega e impulsar a práctica da actividade física.

O Parlamento galego deulle o pasado mes de decembro o visto e prace a un Plan que pretende crear as condicións necesarias para que a poboación galega desfrute dunha vida máis activa, que permita conservar a saúde e a autonomía persoal, gozar de maior benestar e calidade de vida, así como previr e reducir a presenza de enfermidades relacionadas co sedentarismo, desde a infancia ata a vellez.

Nese sentido, o Plan Galicia Saudable recolle as liñas e recomendacións das principais organizacións mundiais relacionadas coa saúde, que chaman a atención sobre a necesidade de poñer en marcha medidas que interveñan sobre o contorno e os estilos de vida, desde unha perspectiva intersectorial que transcenda o meramente sanitario e que conte coa participación de diferentes actores sociais con capacidade de influír sobre as causas destas enfermidades.

O secretario xeral para o Deporte explicou aos representantes municipais que o Plan non só quere promover cambios, senón tamén asegurar que eses cambios se consoliden e sexan sustentables, de aí a importancia de traballar de xeito coordinado con outros ámbitos da administración.
Publicado en Novas

www.elpais.com

O mundo está pagando un prezo moi alto polo fracaso das políticas alimentarias. Fronte ao enfoque clásico que sitúa a desnutrición como a consecuencia máis grave, a ONU pon agora o acento no sobrepeso e a obesidade. Arredor de 1.300 millóns de persoas padecen estes problemas en todo o mundo e máis de tres millóns acaban morrendo cada ano, segundo un informe de Nacións Unidas sobre alimentación que se presenta mañá en Xenebra. As cifras equiparan a importancia dos malos hábitos alimentarios coa da fame, unha aproximación bastante novidosa na análise dos desequilibrios alimentarios.

"O sistema é unha receta para vidas pouco sas", conclúe o documento, que culpa por igual a industria alimentaria e os Gobernos destes excesos. Ás empresas repróchalles que reorientaran o seu valor engadido cara a creación de alimentos ricos en graxas, sal e azucre. Desta forma, crebaron a base tradicional da alimentación local, o que, a miúdo, impide garantir salarios dignos aos agricultores.

Para os Gobernos, as queixas son aínda maiores: "Os Estados están desatendendo a responsabilidade que teñen de garantir o dereito a unha alimentación adecuada no marco das leis internacionais de dereitos humanos". En concreto, o informe considera negativas as subvencións agrícolas sobre determinadas materias primas (por exemplo, o millo e a solla) que serven como base para eses alimentos pouco saudables e deplora a falta de límites ao mercado publicitario, que fai moi atractivas estas dietas para os nenos.

A análise ven precedida dun rosario de cifras que contextualizan o problema. Tras constatar que unha de cada sete persoas pasa fame no mundo, o autor -relator especial da ONU para a alimentación, Olivier de Schutter- engade que, pese a todo, o 65% da poboación vive hoxe en países onde a obesidade "mata a máis persoas que a falta de peso". Porque as consecuencias derivadas desta alimentación deficiente deixaron de ser un problema exclusivo dos países ricos para extenderse con rapidez aos países en vías de desenvolvemento.

Para alertar sobre a importancia deste fenómeno, o relator apela á perspectiva económica: un aumento do 10% nas enfermidades ligadas ás dietas pouco saudables detraen un 0,5% do produto interior bruto (PIB) mundial, especialmente polos maiores custos esixidos aos sistemas sanitarios.

O informe analiza cunha perspectiva moi crítica o que nas últimas décadas se considerou un éxito das políticas agrarias. A produción aumentou moito nos últimos anos e iso permitiu que a poboación de países en vías de desenvolvemento eleve a cantidade de calorías que inxire ao día. Pero ese aporte enerxético procedeu sobre todo de nutrientes como a carne, o azucre e o aceite en lugar de provir de outras substancias máis aconsellables como os legumes, a froita e as verduras. E isto dilapidou algúns sistemas de produción local que non puido competir cos enormes subsidios que reciben as materias primas menos saudables.

Exposto o problema, o autor lánzase a propor varias solucións, aínda que é consciente de que farán falta moitos esforzos para que Gobernos e grandes empresas sitúen esas recomendacións entre as súas prioridades. En primeiro lugar, De Schutter considera "mal orientadas" as subvencións agrícolas porque incentivan dietas ricas en alimentos moi elaborados.

Ademais, subliña a importancia de adaptar ás legislacións nacionais as recomendacións sobre a comercialización de leites que substitúen á materna, de forma que quede clara a vantaxe da lactancia natural. Iso implica que as empresas "se absteñan de promocionar eses leites de substitución".

Tamén anima o texto a ser máis belixerantes coa exposición dos nenos á publicidade sobre refrescos e bebidas azucradas. Máis alá de incidir nos anuncios, a ONU aposta por gravar o seu consumo e utilizar os recursos que se obteñan para promover o acceso a froitas e verduras e concienciar sobre os beneficios de consumilas.

No ámbito da produción, as recomendacións céntranse en mellorar o apoio aos agricultores a través de incentivos fiscais e "asegurar unha infraestrutura adecuada que conecte aos produtores locais coos consumidores urbanos". Nese terreo, o documento insta ás compañías a garantir "que os traballadores reciben salarios dignos e que os produtores perciben prezos xustos polos seus produtos". Desa maneira presérvanse as cadeas alimentarias locais.

Coas conclusións deste traballo, o relator especial para a alimentación pretende dirixirse, entre outras, ás autoridades europeas para que as teñan en conta na próxima reforma da política agraria común. De Schutter valora os cambios deste proxecto, pero lamenta que aínda non recolla a perspectiva das disfuncións alimentarias.

Fonte: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/03/05/actualidad/1330971557_662268.html
Publicado en Novas
www.lainformacion.com    

Os nenos españois están "claramente rollizos" e son "máis gordos" que os da súa contorna europea, debido, entre outros motivos, a que "somos moi tolerantes con eles" e permitímoslles comer moitas lambonadas e ver demasiada televisión.

Así o cre Adelardo Caballero, médico adxunto de Ciruxía Xeral e Aparato Dixestivo do Hospital Universitario da Princesa de Madrid, e director do Instituto da Obesidade. Segundo declarou a Servimedia o doutor Caballero, o problema da sociedade española non é que estea sobrealimentada, como algúns cren, senón máis ben "sobrecalorizada", xa que os novos hábitos de vida impoñen máis comidas rápidas e procesadas e menos exercicio físico.

"Cun euro pódense comer moitas calorías", pois dá para comprar bastantes lambonadas, e isto acúsano sobre todo os máis pequenos, que segundo os últimos datos manexados polo Ministerio de Sanidade, teñen problemas de sobrepeso en máis dun 26% dos casos. En conccreto, as cifras de Sanidade falan de que o 18,2% dos menores de entre 2 e 17 anos teñen sobrepeso e o 8,5, obesidade. Pero se se estreita a franxa de idade, as porcentaxes aumentan. Así, os resultados do Estudo Aladino, realizado pola Axencia de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) e publicados no verán do ano pasado indican que o exceso de peso afecta ao 45,2% dos españois de entre 6 e 9 anos.

Cifras "preocupantes"
Estas cifras son, a xuízo do doutor Caballero, "preocupantes" e "hai que paralas" con información e hábitos de vida máis saudables. Ao seu parecer, é necesario que os nenos españois vexan menos televisión e fagan máis exercicio físico, no colexio, desde logo, pero tamén nas súas horas de lecer na casa. E se importante é a actividade física, non o é menos a alimentación, que ten que ser rica en froitas e verduras e sempre equilibrada.
 
Pero se os datos de sobrepeso son "preocupantes" na poboación infantil, na adulta non ofrecen unha perspectiva moito mellor. O Instituto da Obesidade sinala que o 65% dos españois teñen sobrepeso e que deles, un 15% son obesos.

Para reducir as cifras de sobrepeso en España, que fai 15 anos non chegaban ao 15%, asegura este especialista, é necesario seguir unha dieta equilibrada, facer máis exercicio físico e concienciar á poboación de que os quilos de máis non son bos para a saúde. Inflúen na aparición de enfermidades cardiovasculares e, incluso, crese que na de certos tipos de cancro como o de mama e o de colon.

Fonte: SERVIMEDIA http://noticias.lainformacion.com/salud/obesidad/espana-tiene-unos-ninos-claramente-rollizos-segun-el-instituto-de-obesidad_IEcW2T6VtL3zHxMkTeTrn5/
Publicado en Novas
Martes, 28 Febreiro 2012 09:07

España camiña cara o sobrepeso xeral

Na véspera do Mércores de Cinza, xaxún e abstinencia para os católicos, soubemos que os índices de obesidade de adultos en España son maiores que a media dos países da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos), e os de menores están entre os máis altos da organización. No noso país, dous de cada tres homes teñen sobrepeso e un de cada seis é directamente obeso. Un de cada tres mozos en idades comprendidas entre os 13 e os 14 anos ten graxas de sobra. Os datos, dados a coñecer onte pola OCDE, mostran que a proporción de adultos con quilos de máis permanece case estable desde os primeiros anos de 2000, pero hai unha lixeira tendencia á alza en obesidade.

A OCDE realiza unha proxección para 2020 e chega á conclusión de que a obesidade e o sobrepeso se incrementarán ata o 7 por cento como máximo en España.

Mulleres e nivel educativo

As mulleres españolas cun nivel educativo máis baixo teñen 3,2 veces máis probabilidades de estar obesas que as dun nivel educativo superior. Esas diferenzas son substancialmente máis pequenas entre os homes. España, despois de Corea, é o país da OCDE que presenta neste aspecto unha maior disparidade e o seu diferencial permaneceu constante nos últimos anos.

Na pasada década, o índice de obesidade en España subiu do 10 ao 16% na poboación adulta (o de sobrepeso do 43 ao 48%).

Entre os datos de carácter xeral, non específicos só para España, a OCDE destaca a tendencia á alza en gordura nos países desenvolvidos, onde dous de cada tres persoas serán obesas nos próximos dez anos. Actualmente, o índice de obesidade varía na OCDE do 4% en Xapón, ao 30% ou máis nos EEUU e México.

As cifras máis recentes delatan, non obstante, unha desaceleración da epidemia, con tantos por cento aproximadamente estables en Corea, Suíza, Italia, Hungría e Inglaterra, nos pasados dez anos, e aumentos pequenos en Francia e España. As nacións nas que máis aumentou o número de obesos son Irlanda, Canadá e os Estados Unidos.

Calcúlase que unha persoa obesa gasta un 25% máis en saúde que outra de peso normal, cada dez anos, e morre de oito a dez anos antes. Esta condición, a graxa acumulada é a responsable do 1 ao 3% do gasto total en saúde na maioría dos países da OCDE (en Estados Unidos, o índice de gasto total dispárase do 5 ao 10%). Ademais, os obesos gañan un 18% menos, e as mulleres con menos nivel educativo engordan de dúas a tres veces máis que as mellor formadas.

Se se tomaran medidas preventivas de saúde neste campo, segundo a OCDE poderíanse evitar 75.000 mortes en Italia, 70.000 en Inglaterra, 55.000 en México e 40.000 en Canadá.

A OCDE está composta por 34 estados. O seu obxectivo é coordinar políticas económicas e sociais. Considéraselle como o club dos países máis avanzados.

Fonte: http://www.abc.es/20120222/sociedad/abcp-espana-camina-hacia-sobrepeso-20120222.html
Publicado en Novas
Científicos da Universidade de Granada (UGR) confirman que existe unha asociación significativa e directa entre o estado nutricional dos nenos e quen lles prepara a comida na casa. Así, os fillos cuxos menús son preparados polas súas nais están mellor alimentados e sofren menos obesidade, mentres que o estado nutricional dos pequenos "empeora cando unha persoa diferente á nai lles prepara o menú familiar".

Este traballo, publicado recentemente na revista Nutrición Hospitalaria, revela que a cuestión de quen elabora o menú familiar a diario é "moi importante", segundo os autores. Así, os científicos observaron que, a medida que o menú familiar é elaborado por persoas diferentes á nai, o estado nutricional dos fillos empeora considerablemente.

E é que na actualidade "continúa sendo a nai a figura familiar que mellor coñece as necesidades alimentarias dos seus fillos e a mellor preparada, en termos de coñecementos alimentarios, para a elaboración e o mantemento dunha óptima alimentación familiar", segundo pon de manifesto a UGR nun comunicado.

Nesta investigación, os científicos emplearon unha mostra constituída por 718 nenos e adolescentes escolares de entre 9 e 17 anos de trece centros educativos públicos e privados da ciudade de Granada e da súa provincia.

Mediante o uso de técnicas de antropometría, valoráronse as variables de peso e talla dos suxeitos e, con iso, o índice de masa corporal; efectuáronse segundo idade e sexo. Tamén foron valorados seis pliegues cutáneos (pliegue tricipital, bicipital, subescapular, suprailíaco, pliegue do muslo e da pantorrilla), así como catro perímetros corporais, isto é, da cintura, da cadeira, do brazo e do muslo.

Por outra parte, e co obxecto de analizar a influencia da contorna familiar no desenvolvemento do sobrepeso e a obesidade entre a poboación de alumnos, os científicos da UGR empregaron un cuestionario especificamente elaborado polo equipo investigador, no que non so se recollía información relativa a aspectos da súa contorna familiar, senón tamén á frecuencia de consumo de determinados alimentos e á práctica dalgunha actividade física.

Ocio sedentario

Os investigadores atoparon ademais unha relación entre a práctica do ocio sedentario e os valores de índice de masa corporal (IMC), encontrando diferenzas estadisticamente significativas para IMC daqueles individuos con actitudes ociosas eminentemente sedentarias, fronte a aqueles outros que non as mantiñan. Así pois, a medida que aumenta o número de horas que os alumnos ven a televisión, xogan cos videoxogos ou simplemente están conectados a Internet, as súas puntuacións no índice de masa corporal increméntanse exponencialmente.

Á luz dos resultados deste traballo, os científicos concluiron que existe "unha imperiosa necesidade" de fomentar prácticas e estilos de vida saudables entre as familias, entre as cales é altamente recomendable a práctica de exercicio físico a través de "xogos clásicos". Trátase da mellor ferramenta para manter un adecuado estado nutricional e, en definitiva, un óptimo estado de saúde, máxime cando os principais implicados son suxeitos de curta idade, neste caso poboación en idade escolar.

Este artigo foi publicado polos investigadores da Universidade de Granada María José Aguilar Cordero e Emilio González Jiménez (Departamento de Enfermería), Carmen García García (Laboratorio de Antropoloxía Física), Pedro García López (Departamento de Estatística), Carlos Alberto Padilla López e Judit Álvarez Ferre (Grupo PAI de Investigación CTS-367 da Junta de Andalucía) e Esther Ocete Hita (Departamento de Pediatría).

Fonte: http://www.europapress.es/salud/noticia-ninos-son-menos-obesos-cuando-cocina-madre-20120227130738.html
Publicado en Novas
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
Páxina 1 de 2