Luns, 22 Novembro 2010 14:10

Ejercico físico para pacientes de cancro

No Complexo Deportivo Municipal de San Diego ponse en marcha un programa de exercicio para os enfermos de cancro.

A xunta da Coruña da Asociación Española contra o Cancro (AECC) pon en marcha un programa de exercicio físico destinado a pacientes oncolóxicos no o polideportivo San Diego.

A práctica de exercicio  físico  moderado e de forma regular é beneficioso para estes pacientes e axuda ao  seu tratamento e recuperación.

Poden gozar desta iniciativa todos os pacientes oncolóxicos, en tratamento ou recuperación, sen contraindicación médica.Tras unha evalucación física e psicolóxica a cada persoa prescríbeselle o exercicio físico máis adecuado, mesmo existiéndo a posibilidade de realizar un programa domiciliario con asesoramento e seguimento profesional. O obxectivo é manter un control personalizado de cada paciente, xa que o tipo de tumor condiciona a clase de exercicio físico que pode practicar.

A práctica de exercicio regular é  un hábito saudable, que axuda a ter unha mellor forma física,  que ademais, de axudar á recuperación axuda a previr algúns tipos de cancro desde un primeiro momento.

Para máis información Asociación Española contra o Cáner da Coruña, Praza Mestre Mateo, 2, 2º. Tlf 981142740

Publicado en Novas

Unha investigación recente suxire que o traballo con pesas tras sufrir un cancer de mana non produce linfedema mesmo podería previlo, aínda que se requiren máis estudos. Xa estudos anteriores sinalan que o exercicio estabiliza os síntomas das mulleres que padecen linferdema.

Fonte: http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/news/fullstory_106489.html

Publicado en Novas

Cada vez son máis numerosos os estudos de carácter científico que relacionan a práctica habitual de actividade física cun mellor prognóstico do cancro de mama. A Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte-INEF da Universidade Politécnica de Madrid, coa colaboración de membros de ASCAMMA (Asociación de Cancro de Mama de Madrid), puxo en marcha un estudo sobre exercicio físico e saúde cuxo obxectivo é analizar os beneficios da práctica deportiva para combater os efectos do cancro de mama.

Publicado en Novas