Feijóo compromete a importancia do “Plan Galicia Saudable”
A Coruña, 26 de outubro de 2010.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe a importancia do Plan Galicia Saudable como unha iniciativa “integral –para todos-, e transversal –que conte con todos-“, capaz de configurarse “como unha ferramenta interactiva que informe aos cidadáns sobre todos os servizos e infraestruturas que teñen á súa disposición para poder practicar actividades físicas e deportivas”.
Así, durante a súa intervención no marco do Congreso Internacional da AISEP 2010: Os profesionais da educación física na promoción dun estilo de vida activo, o titular do Goberno autonómico lembrou a importancia dun Plan que “desde a educación, o transporte, o urbanismo, o turismo ou o deporte” chegue a “pais, fillos e avós”, promovendo “un estilo de vida activa entre os cidadáns que permita superar problemas como o sedentarismo e a obesidade”.
Fonte: http://www.xunta.es/notas-de-prensa?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar8334.html
A Xunta pon en marcha o Plan Galicia Saudable
A Coruña, 29 de outubro de 2010.- O Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable pretende instalar na Comunidade Autónoma unha nova cultura de actividade física que permita aos galegos gozar dunha maior calidade de vida e autonomía persoal reducindo, deste xeito, a elevada porcentaxe de sedentarismo entre a poboación. O plan, que foi anunciado o pasado martes polo presidente da Xunta e presentado hoxe polo secretario xeral para o Deporte, aposta por facilitar á cidadanía oportunidades que lle permitan levar un modelo de vida fisicamente máis activo e divulgar a relación que existe entre actividade física e saúde.
De feito, tal e como asegurou José Ramón Lete no marco da súa intervención no Congreso da Asociación Internacional de Escolas Superiores de Educación Física (AIESEP), a inactividade física é un dos principais factores de risco na aparición de enfermidades crónicas non transmisibles, que se manifestan cada vez con máis frecuencia a idades temperás.
Fonte: http://deportegalego.es/index.php?idMenu=67&int1=1151&idIdioma=2
O Secretario Xeral para o Deporte continua coa presentación do plan Galicia Saudable
José Ramón Lete continúa presentando o Plan Galego para o Fomento da Actividade Física: Galicia Saudable co que pretende aumentar a calidade de vida dos galegos, a súa autonomía persoal e reducir o número de enfermidades crónicas non transmisibles relacionadas coa inactividade física.
Podes escoitar as entrevistas realizadas a José Ramón Lete en
http://www.xunta.es/descarga-arquivos/entrevista-radio-galega
http://www.xunta.es/descarga-arquivos/entrevista-radio-galega
Alberto Núñez Feijóo, protagonista da revista Deportistas
A portada do novo número de Deportistas ocúpaa por méritos propios Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia. A pesar da súa complicada axenda, sempre atopa algún momento para a súa gran paixón: correr ao aire libre. Afirma que "a política é unha carreira de fondo con pequenos obstáculos".
Un dos obxectivos do seu goberno é reducir os altos índices de obesidade na rexión, sobre todo a infantil. Por iso, acaba de lanzar o plan "Galicia Saudable". Deste programa sinala que "quere mellorar a saúde da poboación".
Fonte: http://www.munideporte.com/noticias_seccion.asp?id_noticia=7998&id_seccion=12
A Xunta asina un convenio de colaboración co colexio oficial de licenciados en ciencias da actividades física e do deporte para o desenvolvemento do plan Galicia Saudable
A colaboración estenderase ata o ano 2013 e contará cun orzamento de 184.000 euros Establecer os perfís de formación axeitados para determinadas profesións; velar pola protección dos intereses dos consumidores e usuarios e polos servizos dos profesionais da actividade física e do deporte; ou promover e colaborar no fomento da práctica regular da actividade física e deportiva saudable, entre os principais obxectivos do convenio A Secretaría Xeral para o Deporte achegará toda a súa experiencia na promoción e impulso do deporte e da práctica regular de actividade física, namentres que o COLEF Galicia obrígase a achegar recursos humanos, materiais e coñecementos O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace á sinatura dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Ilustre Colexio Oficial de Licenciados en Ciencias da Actividade e do Deporte (COLEF) polo que ambas entidades se comprometen a sentar as bases para a posta en marcha do Plan Galego para o Fomento da Actividade Física “Galicia Saudable”.
Posta en marcha do Plan integral para a Actividade Física e o Deporte, "Plan A+D"
Presentouse na sede do Consello Superior de Deporte (CSD) a posta en marcha do Plan integral para a Actividade Física e o Deporte, "Plan A+D".
Este documento creado por CSD ten como fin garantir á poboación española o acceso universal á práctica deportiva de calidade, contribuíndo desta maneira a combater o elevado nivel de sedentarismo da nosa sociedade e promover hábitos de vida activos e saudables
Conta cunha páxina web que proximamente se porá en funcionamento na dirección www.planamasd.es
Descarga o libro e o folleto do Plan A+D nos documentos adxuntos
Podes saber máis sobre o Plan A+D en http://www.csd.gob.es/csd/sociedad/plan-integral-para-la-actividad-fisica-y-el-deporte-plan-a-d



