Congresos
Evento
- Título:
- Obradoiro multiaventura
- Cuándo:
- 19.07.2012 - 02.08.2012 10.00 h - 13.30 h
- Categoría:
- Actividade física e deporte
Descripción
O Concello de Camariñas organiza un obradoiro multiaventura orientado a nenos e nenas nacidos entre 2001 e 1996, ambos incluídos, que se desenvolverá en horario de 10:00 a 13:00 horas. Haberá roteiros de sendeirismo andando ou en bici, actividades deportivas nas praias, comidas saudables, primeiros auxilios, bodyboard, orientación, tiro con arco...
Haberá varias quendas e taxas para este obradoiro:
1. Do 2 ao 13 de xullo
2. Do 19 de xullo ao 2 de agosto
3. Do 3 ao 17 de agosto
4. Do 18 ao 31 agosto
O prazo de inscrición para a primeira quenda remata o 26 de xuño. Terá que haber un mínimo de 15 inscritos para poder levar a cabo o obradoiro.
Para máis información chamar ao Concello de Camariñas (981 736 000). O custo individual será de 20 euros, e no caso de repetir quenda, 10 euros.
EventList powered by schlu.net





